Cabanas do Carpinteiro

AS CABANAS DO CARPINTEIRO

Un oasis de tranquilidade e serenidade en pleno corazón de Santeles, A Estrada. 

Un abeiro pensado até o mínimo detalle, para que desfrutes da túa estancia con nós. Tanto se buscas unha fin de semana de descanso absoluto como se simplemente queres recargar as pilas nun entorno natural incomparable, Cabanas do Carpinteiro é o destino ideal para ti.

Unha ubicación privilexiada, no centro de Galicia, para conectar fácilmente con calquera punto da nosa xeografía. 

"Un abeiro de serenidade,
no corazón de Galicia"

NATUREZA E TRANQUILIDADE

Con amplios espazos verdes e zonas arboladas, o noso aloxamiento turístico convírtese no refuxio perfecto para escapar do bulicio do día a día.

Pasear polos nosos xardíns, tomar o sol ou bañarte na nosa piscina privada. As instalacións ofrecen todas as comodidades necesarias para uns días de desconexión total.

A nosa ubicación nun entorno rural, abre un amplo abanico de actividades ao aire libre como sendeirismo ou rutas en plena natureza.

"O refuxio perfecto,
nun entorno natural único"

O noso aloxamento turístico conta con dous espazos independientes, privados e con todas as comodidades, para que a túa estancia con nós sexa unha experiencia única.

Ben sexa para desfrutar en parella ou con familia e amigos, en Cabanas do Carpinteiro atoparás o espazo perfecto para a túa escapada.

A CABANA DO CARPINTEIRO

Para desconectar en familia ou con amigos.

Con capacidade para 6 persoas, a Cabana do Carpinteiro conta con tres dormitorios dobles e dous baños completos.

Cociña completamente equipada, salón comedor con cheminea e televisión.

A parte exterior da casa conta amplas zonas axardinadas, piscina privada ao aire libre, barbacoa e espazo de aparcamento.

Desde 173€/noite

A CABANA DE PILI

Un refuxio para desconectar en parella

Con capacidade para 2 persoas, a Cabana do Pili é un espazo diáfano con cama de matrimonio e baño completo.

Cociña é aberta e está completamente equipada, con zona de comedor e cheminea.

No exterior conta amplas zonas axardinadas, piscina privada ao aire libre, barbacoa e aparcamento.

Desde 108€/noite

DOUS ESPAZOS. TODAS AS COMODIDADES

En Cabanas do Carpinteiro, contamos con todos os servizos necesarios para que a túa estancia con nós sexa o máis agradable posible.

Casa completa

Para a túa privacidade

Cheminea

Un ambiente cálido e acolledor

Piscina

Privada e ao aire libre

Zonas verdes

Conexión coa natureza

Wifi

Gratuito

Parking

Gratuito

VÉN COÑECER AS CABANAS DO CARPINTEIRO

Se queres reservar a túa estancia con nós, podes facelo a través do seguinte formulario.

Confirmarémosche a dispoñibilidade nas datas indicadas o máis pronto posible.

 

    ONDE ESTAMOS

    Cabanas do Carpinteiro está ubicado en Santales, A Estrada, en pleno corazón de Galicia. 

    Unha localización perfecta para moverse pola zona e visitar as principais zonas turísticas da nosa comunidade.

    Conexións

    Ben conectada por estradas e autopistas ás principais cidades galegas.

    Praias

    Moi preto das Rías Baixas e dos areais de O Grove, Sanxenxo ou Noia.

    Monumentos

    A 5 do Pazo de Oca e a 15 da Catedral de Santiago de Compostela.

    Sendeirismo

    Rutas de sendeirismo, espazos naturais, miradores e áreas fluviais.

    Zona deportiva

    A menos de 5 minutos da zona deportiva de A Estrada con ximnasios, tenis, pádel...

    Abrir chat
    ¡Bienvenido a Cabanas do Carpinteiro 🪵!
    ¿En qué podemos ayudarte?